Galicia vén de rexistrar nas últimas horas catro falecementos de pacientes diagnosticadas con coronavirus, tres deles estaba en Ourense, segundo vén de confirmar a Consellería de Sanidade.
Así faleceron tres persoas que estaban ingresadas o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Trátase dun home de 86 anos, unha muller de 86 anos e un home de 81 anos. Os tres tiñan patoloxías previas.
Ademais perdía a vida dun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Tamén tiña patoloxías previas.