
A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento en Galicia nas últimas horas de seis persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, tres delas na provincia. Trátase dun home de 77 anos e dun home de 75 anos no Hospital Universitario de Ourense, así como dunha muller de 98 anos, que falecía no seu domicilo da área sanitaria ourensá, en Ourense.
Ademais perdían a vida outras tres persoas no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña: unha muller de 96 anos, un home de 70 anos e un home de 88 anos.
As seis persoas falecidas presentaban patoloxías previas.