Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima hora

Feijóo en Trives: “Somos máis os que queremos unha Galicia que funcione”

O presidente nacional do PP participaba nun mitin acompañado polo concelleiro Roberto González, polo presidente da Deputación Luis Menor e pola deputada nacional Ana Vázquez

 

O restaurante La Viuda de Trives acollía na tarde deste 14 de febreiro un mitin do PP que contaba coa presenza do presidente deste partido a nivel nacional, Alberto Núñez, que estaba acompañado polo concelleiro popular de Trives, Roberto González, polo presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e pola deputada nacional Ana Vázquez.

No acto, que contaba con numerosos representantes municipais do PP na zona, Feijóo describía ao PSOE como o “teloneiro” do BNG porque Pedro Sánchez “prefire que desapareza o Partido Socialista de Galicia antes de que siga gobernando o PP”. Ademais advertía de que “a disxuntiva está entre un desgoberno separatista ou unha Xunta de todos e para todos os galegos. Non queremos muros, senón pontes para unir a xente que pensa diferente”.

 

 

Ademais, Alberto Núñez defendía as políticas do PP de “control da débeda e baixos impostos, modernizando e reforzando os servizos públicos como a Sanidade e a Educación Pública” e pedía aos galegos “non dar nada por feito e non quedarse na casa” o domingo porque “somos máis os que queremos unha Galicia que funcione”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button