OurenseÚltima hora

Feijóo ve no termalismo unha aposta económica cun retorno duns 60 millóns de euros anuais

O presidente da Xunta asistiu á reunión do Consello Termal Ourensán

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asistiu esta mañá á reunión do Consello Termal Ourensán. Neste evento salientou o potencial do termalismo e o seu valor económico e social, que, segundo dixo, ten a capacidade de xerar 1.400 postos de traballo e un retorno económico de arredor de 60 millóns de euros ao ano.

Tamén lembrou que xa están executadas ou completadas 31 das 71 actuacións previstas no Plan Ourense Provincia Termal, máis do 40% do total. Entende, así mesmo, que a reunión do Consello Termal constitúe un paso máis na consolidación do sector e defende o labor que o goberno galego leva desempeñando dende o 2014 a través do devandito plan.

Nesta liña, subliñou que o Plan Ourense Provincia Termal está dotado cun investimento autonómico de case seis millóns de euros, dos que a maior parte foron adicados a crear novas infraestruturas ou a mellorar as existentes. “Grazas ao plan estamos dando os pasos necesarios para que Ourense se consolide nesta década como provincia termal de España”, apuntou.

Artigos relacionados

Back to top button