
Na mañá deste xoves 23 de outubro resultaba ferida en Monterrei ao caerlle enriba unha árbore mentres realizaba tarefas de corta de leña nunha zona de monte en Flariz, tal como explican dende o 112 Galicia que tiña constancia do suceso ás 11:50 horas, a través do aviso do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba de que “a muller permanecía ferida e atrapada baixo a árbore”.
No operativo activado participaban os Bombeiros de Verín, que, ao chegar ao punto, “comprobaron que a vítima xa fora liberada por particulares, prestando apoio aos servizos sanitarios nas tarefas de atención e asistencia”, indican dende o 112 que tamén informaba á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade para colaborar co dispositivo de emerxencia.