ConcellosMonterreiÚltima hora

Ferido o condutor dun vehículo tras bater contra unha casa en Monterrei

 

Na madrugada deste luns 4 de agosto un vehículo batía contra unha casa en Monterrei. “O condutor necesitou axuda para saír do coche, pero sen que fose preciso o uso dos equipos de excarceración”, din dende o 112 Galicia, asegurando que “os bombeiros si tiveron que asegurar a vivenda debido a que un dos piares do inmoble resultou afectado polo choque”.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse pasada a unha no lugar de San Cristovo, en Monterrei, “cando o turismo saíuse da vía e bateu contra unha casa. O golpe causou diversas lesións ao ocupante e danos estruturais na vivenda”.

Quen chamou ao número único de emerxencias explicou que “o condutor está ferido e atrapado”, por iso, ademais de avisar aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pedían a colaboración dos Bombeiros de Verín, que “descartaron aplicar as ferramentas de excarceración porque conseguiron sacar o ferido en condicións de seguridade. Con todo, deberon apuntalar algunhas zonas da casa, xa que o impacto afectou a un dos seus piares”, conclúen.

Back to top button