ConcellosParada de SilÚltima hora

Festas na honra ao Santo Domingo en Caxide, Parada de Sil, cun xantar popular, cultos, música e xogos

 

A localidade de Caxide, no concello de Parada de Sil, está en festas na honra ao Santo Domingo. Na xornada do sábado 2 de agosto tiñan un xantar ao que asistían 92 persoas, da man de Iván Pablo e Aquilino Domínguez, alcalde de Parada, traballando e facendo pobo.

Pola noite había verbena e hoxe, domingo 3 de agosto, misa solemne e procesión, ademais dun campionato de bolos tradicionais e de tute e subastado.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button