EconomíaEconomíaÚltima hora

Festival de sabores no XI Concurso Quiroga de Tapas, do 29 de marzo ao 7 de abril

 

Entre o 29 de marzo e o 7 de abril, como antesala da Feira do Viño, desenvolverase a XI edición do concurso Quiroga de Tapas. Xa se sabe  que establecementos e propostas se van poder degustar nesta edición do certame:

Adega da María, “Follas de outono”
Chapakuña 3, “Arepa galega”
Ruxe-Ruxe, “Feitizo de polbo con ouro líquido de Quiroga”
Ferreiriño, “Empanadilla da nosa terra”
A Botica, “Xuntanza”
O Portón, “ O capricho do Portón”

A novidade deste ano, segundo apuntaba o concelleiro de xuventude, Luis Manuel Arias, encargado deste concurso, estará nos premios que poderán acadar os participantes agraciados no sorteo entre todos os participantes que completen debidamente os seus tapacartóns. O primeiro destes premios será agora de 200€ e haberá un segundo premio de 100 €.

A maiores destes premios en metálico haberá moitos outros. Un paseo a cabalo para dúas persoas en Hípica Os Trancos (Monforte de Lemos), unha ruta en segway ao Mirador Pena do Castelo e degustación dun viño no Mirador; degustación dun viño para dúas persoas na adega Val do Frade en Vilachá; cea para dous en Chapakuña 3; cea de carne á pedra para dúas persoas na Cervecería Chamouco, en Bóveda; cea para dous na Botica ou cestas con produtos típicos da zona: Aceiroga, Atrium Vitis, Casa de Outeiro, Deiki, EDV 2015 e Lar de Ricobao.

 

Artigos relacionados

Back to top button