CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Festival de Semana Santa en Ribas de Sil, o vindeiro xoves

 

A música cobrará especial importancia nesta semana en Ribas de Sil. A súa Casa da Cultura acollerá a partir das 20:30h. o “Festival de Semana Santa”, un destacado evento con “intepretacións de artistas e grupos de renome, con temas ben coñecidos e cancións emotivas”, tal e como destacan dende o Concello.

A iniciativa está organizada pola Escola de Música Moderna e RSL (Grado Internacional en Artes Contemporáneas) coa colaboración de Montañas do Courel, Concello de Folgoso do Courel, Concello de Quiroga e Concello de Ribas de Sil

Así, poderán escoitarse pezas como “O Pozo de Arán” (Carlos Núñez & Anabela Pires), “Tu Falta de Querer” (Mon Laferte), “Hello e Rolling in the Deep” (Adele), “Disfruto” (Carla Morrison), “Víveme” (Laura Pausini), “Nothing Else Matters” e “Miña Terra Galega”  (Kaliope) e “Represent” (RSL).

Back to top button