OurenseÚltima hora

Finalizan os campamentos municipais de Ourense

As actividades para nenos continuarán ata o comezo do curso escolar na Aula de Natureza do Río Miño

O campamento no CEIP Amadeo Barroso. / Foto: cedida.

 

Este luns, 31 de agosto, finalizan todos os campamentos de verán que programou o Concello de Ourense en 13 centros educativos da cidade. Este ano, o goberno local quixo ampliar o número de participantes e de colexios coa intención de reforzar este servizo e axudar ás familias con cativos de entre 5 e 13 anos de idade a que poidan conciliar a vida laboral e familiar. A participación desta tempada foi moi elevada, cun total de 1.000 inscricións e ningún neno sen praza.

Durante o transcurso dos campamentos realizáronse diversas actividades orientadas a fomentar hábitos de vida saudables, habilidades artísticas, o respecto polo entorno e o medio ambiente e a promoción de actitudes solidarias e de convivencia. Tamén houbo reforzo en diferentes materias debido á suspensión do curso escolar pola crise sanitaria. Todas as actividades cumpriron coas medidas de seguridade obrigatorias.

 

A concelleira de Educación visita o CEIP Amadeo Barroso. / Foto: cedida.

 

Hoxe, 31 de agosto, a concelleira de Eduación, María Teresa Rodríguez, visitou o CEIP Amadeo Barroso, na xornada na que remata este programa municipal. Non obstante, as actividades para os máis pequenos continuarán ata o comezo do curso escolar na Aula de Natureza do Río Miño.

Artigos relacionados

Back to top button