
A Fundación Cupa Group vén de presentar esta mañá, no II Encontro Nacional de Centros de Innovación Territorial, celebrado na Térmica Cultural (Ponferrada), a iniciativa ‘Pequenas Grandes Historias’, impulsada para visibilizar o labor de persoas e entidades que, moitas veces desde o anonimato, realizan pequenas accións que xeran un gran impacto no territorio, promovendo o desenvolvemento das zonas rurais nas comarcas do Bierzo e Valdeorras. Durante a xornada, proxectouse o primeiro das reportaxes en vídeo realizados no marco deste proxecto, gravado no CRA Alborada, un colexio rural agrupado que aúna a tres escolas dos municipios bercianos de Columbrianos, Cabanas Raras e Sancedo.
Durante a presentación, Diego Freire Coloma, director da Fundación Cupa Group, apuntou que “a iniciativa ‘Pequenas Grandes Historias’ é un recoñecemento ao traballo transformador de entidades e persoas coas que a Fundación Cupa Group cooperou nos últimos anos”. Na súa intervención, recoñeceu “a importancia da colaboración para o desenvolvemento das zonas rurais e a mellora do benestar dos seus habitantes, especialmente entre as persoas e organizacións que compartan o noso firme compromiso co impulso dos pequenos municipios e a revitalización dos pobos máis afectados polo reto demográfico”.
CRA Alborada: educación de calidade no medio rural
O resultado da iniciativa ‘Pequenas Grandes Historias’ é unha serie de reportaxes en vídeo nos que as persoas que forman parte de diferentes organizacións detallan como a súa actividade contribúe á dinamización dos territorios demográficamente vulnerables. O primeiro dos episodios mostra o día a día do CRA Alborada a través da voz do seu director, Rubén Serrano, quen sinala o principal valor diferencial desta escola rural do Bierzo: os alumnos non necesitan desprazarse a un centro escolar de maior tamaño para asistir a clase, senón que son os profesores quen o fai.
Do mesmo xeito, Serrano destaca a importancia dos colexios rurais agrupados á hora de asegurar unha educación de calidade para os máis pequenos en pobos cun número reducido de habitantes: “Nós entendemos que os nenos, porque vivan nun pobo moi pequeno, teñen que ter unha educación de calidade, igual que o resto. Ademais, entendemos que a educación que nós impartimos ten moita calidade porque hai un gran compromiso dos mestres. Proba diso é o incrible labor que realizan para atender a alumnos con necesidades específicas de apoio educativo, como son os alumnos con trastorno do espectro autista, ou familias con situacións especiais, como poden ser os traballadores temporeros”.

Do Bierzo a Valdeorras: integración social e deporte
O vindeiro luns, a Fundación Cupa Group lanzará na súa canle de Youtube e redes sociais o primeiro episodio de ‘Pequenas Grandes Historias’, dedicado ao CRA Alborada. Cada dúas semanas estrearán episodios nos que se poñerá en valor a actividade doutras persoas e entidades. Unha delas será Ana Pilar Rodríguez, directora do Centro de Desenvolvemento Rural Afa Bierzo, pertencente á rede nacional Coceder. En maio de 2024, a Fundación Cupa Group asinou un acordo de colaboración con esta organización para desenvolver actividades de interese xeral e social no medio rural do Bierzo, sendo un dos obxectivos a redución da fenda dixital nos pequenos municipios. Froito deste convenio, naceu o proxecto ‘Puentes de Vida’, que busca mellorar a calidade de vida das persoas maiores e fomentar a integración social interxeracional no municipio de Puente de Domingo Flórez.
Tamén dará voz a persoas e asociacións situadas en Valdeorras. José Fernández, presidente da Asociación Cultural Vagalume Valdeorras, será o protagonista doutro dos vídeos. Esta organización, con vinte e cinco anos de historia, foi creada para exercer unha función cultural, educativa e social na comarca ourensá. Outra das persoas que participarán no ciclo de reportaxes en vídeo é Agustín González, máis coñecido como Tinín, presidente do Club Adas Cupa O Barco, membro da Federación Galega de Atletismo.
Esta acción é froito do compromiso da Fundación Cupa Group coa loita fronte ao despoboamento e a dinamización integral dos pequenos municipios. Así mesmo, o proxecto busca trasladar o papel fundamental daquelas persoas e entidades sociais que, coa súa calada e incansable labor, garanten o benestar de quen habita as zonas máis afectadas polo reto demográfico, atopando fórmulas que faciliten o desenvolvemento de proxectos de vida no rural.