En portadaÚltima horaVídeos

Gaitas célticas e mediterráneas na edición máis multicultural do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas en Manzaneda

 

Un ano máis era a interpretación conxunta do Himno do Antergo Reino de Galicia, a que no mediodía deste domingo 26 de xullo poñíase o broche ao XVII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas no campo de competición de Cabeza de Manzaneda.

 

 

Remataba así unha fin de semana marcada polos ritmos e sons tradicionais galegos que comezaba na tarde do sábado co IX Serán da Seitura de Manzaneda na memoria de Ludivina Pérez Ricoi (1930-2017), un evento que, ademais de contar con diversas actuacións, rendeu tributo á memoria de Ludivina Pérez Ricoi cunha ofrenda floral ante o seu monumento, ademais dunha homenaxe póstuma a Aquilino Pérez Prieto de Bidueira.

 

 

De noite, na Estación de Montaña Manzeneda, tiña lugar a Noite Celta coa actuación das Pandereteiras da Escola Toxos e Xestas de Barcelona; The Salisker Band; Grupo Áurea; Sons de la Cossetània (Tarragona); Banda de Agarimo de Catabois; Es Reguinyol, Xeremiers de Muro (Mallorca); Banda de Gaites de Cabu Peñes (Asturies); e Cantareiras da Real Xuvenil.

 

 

E xa na mañá deste domingo tiña lugar a fase final do certame de Bandas, no que participaban bandas de Ourense, Lugo e Barcelona; e nesta ocasión tamén de Asturias, Tarragona, Mallorca e Portugal. As distintas seccións do Certame completábanse cos campionatos de gaiteiros solistas e bastóns de mando.

Con premios, medallas e diplomas, para as diferentes bandas e concursantes, amén da testemuña ao alcalde de Quiroga, o intercambio de agasallos cos convidados e a  ofrenda floral a Gabino García, completaban esta edición do certame que contou coa presencia de alcaldes e concelleiros da Mezquita, Manzaneda, Castrelo de Miño, O Bolo, Chandrexa de Queixa, O Riós e Quiroga. Tamén estaba o alcalde de San Xoán de Río que nesta ocasión acudía en representación da Deputación de Ourense e o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé M. Merelles.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button