OurenseSanidadeSen categorizar

Galardóns AECC Ourense 2013

O acto terá lugar o vindeiro 12 de xuño no Liceo de Ourense e e entre os galardonados desta edición estará actor Rubén Riós
O actor e director Rubén Riós, un dos galardoados nesta edición pola AECC de Ourense.
O actor e director Rubén Riós, un dos galardoados nesta edición pola AECC de Ourense.

A Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Ourense recoñecerá, por terceiro ano consecutivo, a traxectoria e o compromiso daqueles que contribúen a mellorar a vida das persoas enfermas de cancro e do seu entorno. Será a través dos Galardóns “AECC Ourense 2013”. O acto de entrega destas distincións está previsto para o vindeiro 12 de xuño no Liceo de Ourense ás 20h.

Desta volta os galardoados son o perruqueiro e estilista Quique Martinez; David Rodríguez, presidente da Asociación Xuvenil “As Canellas” de Seixalvo, conxuntamente con Rubén Ríos, actor e director por Claqueta Coqueta, ambos Co-organizadores de la I Gala Contra o Cancro; e a empresaria Ourensana María Carmen Canal, de Aceites Abril.

Como novidade, este ano tamén se outorgará por vez primeira un Galardón Honorifico, que recaerá en Julia Vázquez Corral, presidenta da Xunta Local da AECC do Carballiño.

Dende a AECC de Ourense destácase que estes recoñecementos “son un claro exemplo da implicación da sociedade na loita contra o cancro, nos que se recoñece o compromiso e a traxectoria de persoas ou entidades que contribúen a mellorar a vida dos pacientes de cancro e das súas familias”.

O premio é una réplica da escultura orixinal do artista canario Martín Chirino, que representa un canto á vida e á esperanza, coa V como eixo central.

Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button