
A D.O. Ribeiro vén de ser galardoada con sete medallas no concurso internacional de viños Challenge International du Vin 2025, un evento celebrado no Palacio de Congresos de Bordeus (Francia) o venres e sábado da pasada semana.
As seis medallas de ouro recaeron nos viños brancos Adega do Moucho 2021, Cunqueiro III Milenium 2023, Cuñas Davia A Xiada 2024, Juan Míguez Godello 2024, Maleiga Intre 2023 e Pazo Tizón branco 2023. Doutra banda, a medalla de prata foi para Laudes 2023.
A presidenta do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Concha Iglesias, considera que o éxito alcanzado nesta cita internacional segue mostrando ano a ano que os viños da D.Ou. Ribeiro captan gran atención entre os profesionais catadores: “é o terceiro ano consecutivo que se logra este fito, ser a denominación de orixe galega máis premiada neste certame, e é algo polo que sentirnos tremendamente orgullos, recibindo todos os anos moitas distincións aos nosos viños nos recoñecidos concursos de viño, e isto é grazas ao bo traballo e saber facer de adegas e viticultores”.
Challenge International du Vin
O Challenge du Vin, celebrou a súa 49ª edición e é o concurso internacional de viños e augardentes máis antigo organizado en Francia e esta edición reuniu a 500 catadores de máis de 20 nacionalidades para analizar un total de 3.000 mostras. Esta competición, organízase en forma de cata a cegas (sen coñecer a marca) coa particularidade de que cada xurado de catadores está composto por catro membros: un técnico, un produtor, un distribuidor e un consumidor experto, deste xeito, os viños premiados son a expresión do gusto do consumidor.
Premiados da D.O. Ribeiro
MEDALLA DE OURO
- Adega do Moucho 2021 de Francisco García Pérez
- Cunqueiro III Milenium 2023 de Bodegas Cunqueiro
- Cuñas Davia A Xiada 2024 de Adegas Valdavia
- Juan Míguez Godello 2024 de O’Ventosela
- Maleiga Intre 2023 de Adegas Maleiga
- Pazo Tizón blanco 2023 de Pazo Tizón
MEDALLA DE PRATA
- Laudes 2023 de Lázaro Moreno Sotelo