ConcellosÚltima hora

Galicia restrinxirá a mobilidade con Portugal na ponte de decembro

Fronteira con Portugal pasando a Mezquita, na provincia de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Durante a vindeira ponte Galicia rexistrinxirá a mobilidade con Portugal “por razóns de seguridade”. Así o anunciaba o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa desta mañá e na que daba conta das decisións tomadas polo Comité Clínico de expertos que seguen a pandemia do Covid na reunión celebrada na tarde de onte. Esta restrición aplicaríase a partir do vindeiro venres ás 00h.

“Preocúpanos que os galegos na fronteira con Ourense e Pontevedra poidan ir pasar a ponte aos concellos veciños de Portugal, tendo en conta a situación epidemiolóxica dos municipios perimetrais de Galicia”, tal e como aseguraba o presidente do goberno galego, “por iso recomendamos non viaxar a Portugal e imos preservar a fronteira, o que non sabemos e se iso conleva o peche perimetral de Galicia ao resto de comunidades autónomas españolas ou non, algo que consultaremos co Ministerio de Asuntos Exteriores”.

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez, durante a súa comparecencia.

Artigos relacionados

Back to top button