SanidadeÚltima hora

Galicia rexistra 24 novos facelementos por Covid, un deles na provincia

Entrada do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse o falecemento en Galicia nas últimas horas de 15 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 85 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e falecía o 11 de febreiro.

Ese mesmo día 11 perdían a vida outras dez persoas: un home de 72 anos, unha muller de 62 anos, un home de 85 anos e un home de 88 anos no CHUS; unha muller de 83 anos, unha muller de 95 anos e unha muller de 83 anos, no CHUF (procedente da residencia Mi Casa de Ferrol); un home de 96 anos no CHUVI e un home de 80 anos no CHUAC.

Ademais neste 12 de febreiro falecían unha muller de 74 anos e un home de 87 anos no CHOP, un home de 60 anos no CHUF e un home de 85 anos no Hospital da Mariña de Burela.

Sanidade informa así mesmo de “dous falecementos en residencias correspondentes a este luns e doutros sete falecementos de datas pasadas. Estes últimos foron comunicados no día de onte por dúas residencias, tras seren advertidas pola Xunta de Galicia”. Ningún deles correspondía a residencias da provincia de Ourense.

Todas as persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button