
Un total de sete persoas diagnosticadas de coronavirus faleceron en Galicia nas últimas horas, segundo informa a Consellería de Sanidade. Entre elas están dous varóns de 80 e 77 anos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e un terceiro de 89 que estaba ingresado no Hopital de Cee. Os tres tiñan patoloxías previas.
Tamén falecían outros dous varóns, de 82 e 81 anos ingresados no CHUAC e que non tiñan patoloxías previas e outros dous pacientes, de 79 e 63 anos, ingresados, respectivamente, no Hospital do Barbanza e no Complexo Hospitalario Univestario Ourensán (CHUO), ambos con patoloxías previas.