CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“Galiza”, da man de Kepa Junkera en Trives

O coñecido intérprete vasco tocou varias pezas acompañado de catro xóvenes músicos triveses

A música galega tamizada con acerto pola tradición vasca invadía na noite do 12 de xuño a Casa da Cultura trivesa. Numerosas persoas acudían á presentación de “Galiza”, o último disco de Kepa Junkera, que deu unha exquisita e divertida materclass na que amosou os instrumentos vascos e tocou acompañado de catro músicos locais. Non faltou tampouco o ritmo do Folión Os Labregos de Trives e dos seus boteiros.

Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella

Máis información na edición de xullo en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button