En portadaÚltima hora

“Galiza”, de Kepa Junkera, premiado pola BBC

Este disco-libro, ilustrado coas mascaradas do Entroido ourensán, vén de ser distinguido como “Best Packaged 2014”
Kepa Junkera, na presentación de "Galiza" en Lisboa./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Kepa Junkera, na presentación de “Galiza” en Lisboa./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Cando Kepa Junkera imaxinaba o que logo se convertiría no libro-disco “Galiza” ocurríuselle meterse “na pel dos galegos, metaforicamente falando, e podía telo feito con traxes de baile ou de músicos, pero parecíame moi curioso o mundo do Entroido”, tal e como explicaba el mesmo. De aí que escollese como imaxe para a súa carátula unha representación dalgunhas das imaxes máis senlleiras do Entroido ourensán.

Era asemade un traballo no que este músico vasco rendía unha emotiva homenaxe á relación que mantén dende hai tres décadas coa música tradicional galega, pola que sente auténtica devoción. “Galicia posúe unhas melodías preciosas e, como compositor que tamén son, sei o difícil que resulta que teñan traspasado tantas xeracións e que teñan calado e chegado ata hoxe para que podamos emocionarnos con ellas”, comentaba nunca entrevista concedída ao Periódico O Sil.

Kepa Junkera, nun dos momentos da presentación do seu disco "Galiza" en Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.
Kepa Junkera, nun dos momentos da presentación do seu disco “Galiza” en Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

Pouco máis dun ano despois da presentación deste traballo, editado por FOLMUSICA, Junkera ten sido premiado como mellor “BEST PACKAGED DEL 2014” pola BBC. Así o álbume “Galiza” vén de ser recoñecido como mellor proxecto da world music do 2014, votado polos mellores críticos do mundo.

Portada do libro-disco "Galiza" de Kepa Junkera.
Portada do libro-disco “Galiza” de Kepa Junkera.

Este recoñecemento chégalle ademais en medio da xira presentación do seu último proxecto: “Kepa Junkera & Sorginak– Unha pequeña historia da trikitixa”. E coincide asemade nun mes de decembro no que ten previsto voltar a Galicia, e máis en concreto a terras ourensás, para actuar o 20 diciembre no 25 aniversario da Banda de Gaitas de Xinzo de Limia.

Texto: Ángeles Rodríguez

Carátula do último traballo de Junkera, adicado á trikitixa.
Carátula do último traballo de Junkera, adicado á trikitixa.

Artigos relacionados

Back to top button