Ata Parada de Sil viaxaban tamén neste 5 de xaneiro tan máxico Melchor, Gaspar e Baltasar. Primeiro achegábanse ata o Xeriátrico Luces do Sil e, deseguido, desprazábanse ata o salón de plenos do Concello, onde eran agardados por numerosos cativos.
As súas Maxestades de Oriente chegaban asdemais cargados de agasallos para os máis pequenos. Entre outros regalos, os Reis deixáronlle aos cativos un libro de contos da novel escritora de Parada de Sil Olaia Salgado. A visitaba remataba cunha chocolatada para os asistentes.
Fotos cedidas.