CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Graduacións no IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives

 

O IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives celebraba o mércores 14 de maio a graduación do alumnado de Segundo de Formación Profesional Básica de Electricidade e Electrónica, de 2º Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, de 2º Ciclo Superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados e 2º de Bacharelato.

 

2º FP básica de Electricidade e Electrónica.
2º Instalacións Eléctricas e Automáticas.
2º Ciclo Superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.

 

No acto proxectáronse vídeos do alumnado e fotos recordando as actividades que fixeron durante todos os anos no centro e non faltaron discursos de nais/pais, alumn@s e titores/as de grupos.

 

2º de Bacharelato.

 

A graduación contou ademais con dúas actuacións musicais do alumnado de 2º de Bacharelato e unha actuación das nais e pais.

Fotos cedidas.

Back to top button