En portadaÚltima hora

Amplo operativo da Garda Civil na mañá deste mércores no Barco de Valdeorras

 

Unha gran despregadura da Garda Civil na mañá deste mércores 15 de abril no Barco de Valdeorras, sorprendía a viandantes e curiosos xa dende primeira hora.

Segundo os veciños, o amplo operativo incluía numerosos axentes de diferentes grupos, algúns incluso co equipo canino, por diferentes rúas da vila, ademais dun helicóptero que sobrevoaba a baixa altura distintas zonas do casco urbano, incrementando a expectación entre a poboación.

 

 

 

Back to top button