Neste mes de decembro desenvolvíase a actividade Cq Breiko España, a nivel nacional, que contaba cunha notable participación trivesa. Ata unha ducia de membros de Radioaficionados de A Pobra de Trives da sección CB 27 mhz levaban a cabo contactos durante esta iniciativa, destacando ademais o gran interese e resposta dos máis novos.
Nestas fotos poden verse os diplomas recibidos pola súa participación, que foron xerado por Radioaficionados Segovia, Visión1, Radio Discapacidad e Cq Breiko España.
Fotos cedidas.