OurenseÚltima hora

A Guardia Real visitará Ourense para dar a coñecer a súa labor

Coraceros da Guardia Real.

Por primeira vez na súa historia, La Guardia Real visitará a cidade de Ourense para a dar a coñecer a súa labor, tratándose da unidade militar ao servicio de S.M. el Rey.

O martes, 2 de maio ás 10:00 horas, o mando da Guardia Real, o coronel de infantería Eduardo Diz Monje, presentará no Concello xunto ao alcalde, Jesús Vázquez, as actividades que se desenvolverán na cidade, como son exposicións, pasarrúas, un concerto, parada militar con xura de bandeira e desfile.

O alcalde, Jesús Vázquez, agradeceu a esta unidade militar ter elixido Ourense para un evento das características que se anunciarán o martes, “por tratarse dunha honra para esta cidade acoller un acto para dar a coñecer aos cidadáns as diferentes actividades e misións que realiza este corpo, que constitúe a representación das Forzas Armadas ao servicio da Súa Maxestade o Rei, ao estar formada por forzas do Exército de Terra, a Armada, Exército do Aire e Corpos Comúns das Forzas Armadas”.

De feito, o pasado 7 de febreiro o rexedor ourensán recibira no Concello a representantes da Guardia Real (o comandante de Relacións Institucionais da Guardia Real, Francisco Javier Rodríguez; o comandante de Operacións, David Ramajo, e o tenente de Loxística da Guardia Real, Gonzalo de León), acompañados polo subdelegado de Defensa en Ourense, Gustavo Donsel.

No transcurso daquela reunión de traballo, na que tamén participaron os concelleiros Jorge Pumar, Belén Iglesias e Carlos Campos, así como a intendente xefe da Policía Local, María Barrera, establecéronse as liñas de cooperación co Concello para a proposta formulada pola Guardia Real: realizar en Ourense un acto para dar a coñecer a labor deste corpo.

Artigos relacionados

Back to top button