EntrevistasÚltima hora

“Hai dous anos, co Clío, fun máis rápido no Canón do Sil”

Miguel Paredes e o seu copiloto Alejandro Cid puxeron a proba o seu novo Porsche 997 nos tramos de Ourense
Miguel Paredes, o “Miúdo”, estreou coche no Rallye de Ourense. // Foto: Carlos Asensio. 

Miguel Paredes e o seu recén estreado Porsche 997 conseguiron acadar a sexta posición nas vodas de Ouro do Rallye ourensán. Hai poucos meses saltaba a nova de que ía cambiar de vehículo pero o “Miúdo” conseguiu facer unha moi boa marca na casa.

Estreas coche novo en casa. Algunha autocrítica? 

O coche responde ben, estiven moi preto dos primeiros e iso é bo. O certo é que hai dous anos, co clío, puiden ir máis rápido. Co R3 faciamos o Canón do Sil, fixemos case os mesmos tempos ca con este Porsche.

Como viches o rallye de Ourense? 

Moi ben, o certo é que os primeiros tramos (A Peroxa e Toén-Castrelo) estaban bastante sucios. Na segundo volta custoume bastante, xa que tampouco os corrín nunca. En canto aos da segunda xornada (Esgos, Canón do Sil e Melias), xa os coñecia máis.

A pesares de todo. Cales son as dificultades que atopaches neses tramos? 

Moi ben, a verdade que leveinos ben e o coche respondeu bastante.

 

Artigos relacionados

Back to top button