
Os irmáns Vallejo, baixo a Escudería Ourense, tiveron que abandonar a carreira no segundo tramo de Esgos. Sergio Vallego asegurou non estar moi contento co coche pola súa falta de potencia. A pesares de todo asegurou ter gozado do rallye até que o seu Citroën DS3 R5 decidiu non seguir a proba.
Como levaches o Rallye?
Xa dendeas primeiras probas notamos que non ía ben o coche e fomos cambiando cousas antes de comezar o Rallye, pero as cousas seguiron igual.
Cales foron eses problemas que se deron?
A falta de potencia. O resto ía moi ben pero os tempos foron os que foron. A verdade que os de atrás e os de adiante quedaron bastante lonxe pero tratei de gozar simplemente.
E como foron os tramos?
Pois, a mesma sensación de sempre, alomenos de condución nos primeiros tramos foron agradables, porque o comportamento do coche foi bo, pero esa falta de potencia fixo que os tempos non saísen como esperabamos.
Houbo corredores que aseguraron que os tramos de A Peroxa e Castrelo estaban bastante sucios.
Si, pero a min non me incomodou moito, ao non correres moito o coche os neumáticos non sufriron moito.
O ano pasado as condicións climatolóxicas foron diferentes. Chovera o día anterior da competición. Este ano, coa calor, como o levaches?
Para os coches é máis duro, tamén para os pilotos, pero tampouco me afectou moito. O certo é que ao estares máis seco o trazado enchese máis de grava nas cunetas e hai que ir con atención.