OurenseÚltima hora

Manzaneda, entre os 18 concellos nos que estará a ludoteca móbil da Deputación

 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou esta mañá a ludoteca móbil instalada pola institución provincial en Esgos. Un servizo que ofreceu hoxe aos rapaces deste concello actividades de lecer dentro do percorrido que a ludoteca está realizando por dezaoito concellos de toda a provincia -adxudicatarios por orde de solicitude- durante os meses de verán.

Manuel Baltar, que estivo acompañado polo alcalde de Esgos, Mario Rodríguez, sinalou que, “un ano máis, a Deputación, aproveitando o verán e pensando nos máis cativos organiza esta ludoteca ao aire libre, unha ferramenta para pasalo ben dentro dun ambiente saudable e en contacto co medio ambiente, os xogos e a música”.

 

 

O presidente do goberno provincial amosou a súa satisfacción por este “punto do verán ourensán de referencia, un servizo público co que considero que os concellos ourensáns están plenamente satisfeitos. So basta con ver as caras dos nenos, os pais e os encargados da actividade para concluír que, sen dúbida, esta é unha mañá especial”.

Programación con actividades variadas para rapaces de entre 3 e 14 anos

As actividades programadas polos monitores da ludoteca móbil -que nos vindeiros días estará en Riós, A Arnoia ou Manzaneda- perfílanse arredor dunha zona deseñada para os máis pequenos -entre 3 e 7 anos- e outra para maiores -de 8 a 14 anos-. Entre as actividades que se están desenrolando atópanse atraccións inchables, unha zona interactiva, un toro mecánico ou unha festa da espuma con ‘polvos holi’.

Artigos relacionados

Back to top button