EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada técnica en Vilariño de Conso para innovar no sector agrogandeiro

Imaxe cedida.

 

O salón de plenos do Concello de Vilariño de Conso acollerá os vindeiros días 20 e 21 de abril a interesante xornada técnica “Innovación para reverter o abandono rural”, que incluirá seis ponencias. O programa técnico iniciarase o 21 de abril a partir das 10h. cunha conferencia centrada na Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), logo abordarse o proxecto de gandería ecolóxica de Biocoop cunha intervención a cargo de Anabel Dacosta, asesora de explotacións desta cooperativa.

Despois, falarase sobre manexo, coidados e enfermidades dos castiñeiros nunha ponencia de Efrén Martín, técnico da Asociación de Castañicultores de Villuecas.

Finalmente Antonio Tucci, técnico e asesor da Asociación Naturaleza Holística realizará unha introdución sobre o manexo de pastos e Paula Jarque, etóloga canina, amosará como se manexa o mastín gandeiro.

A xornada, promovida polo Concello de Vilariño de Conso, completarase cunha saída práctica a un souto da zona para explicar a poda, enxerta e manexo dos castiñeiros.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button