Unha vez máis cumpríanse as previsións e na xornada deste Sábado Santo (19 de abril) a neve deixábase ver na montaña de Ourense.
Tal como pode verse nestas imaxes un manto branco cobre os montes de Vilariño de Conso, chegando aos cinco centímetros en localidades do concello da Veiga como Valdín ou Porto. Nas zonas máis baixas, chovía intensamente baixando considerablemente as temperaturas.
Fotos: Carlos G. Hervella.