Nesta semana da ponte de decembro o axente forestal Xosé Santos de Medio Rural preparou, cos Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense, sementes de belotas para unha futura plantación en primavera.
Ademais, tiveron unha charla con Luis Amigo da Aula da Natureza de Oira sobre o que é un bosque, as especies arbóreas… Tamén “plantamos en macetas ruscus, loureiro e sabugueiros”, engade o profesor Gonzalos Sánchez, destacando que foi unha “actividade marabillosa de coñecemento e de práctica para espertar saberes nestes xoves”.
Fotos cedidas.