ConcellosEsgosÚltima hora

Excarcerado o condutor dunha furgoneta tras chocar contra un muro en Esgos

 

Unha furgoneta sufría un accidente de tráfico na pasada noite, ao chocar contra un muro en Esgos. Este accidente producíase na parroquia de Vilar de Ordelles. “O condutor, único implicado, foi liberado polos Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas e atendido polos servizos sanitarios”, tal e como informa o 112 Galicia.

Así ás 21 horas de onte, 7 de setembro, o 112 Galicia recibía a chamada dunha persoa particular que informaba dunha furgoneta que acababa de chocar contra un muro no quilómetro 135 da OU-536. O condutor do vehículo era incapaz de saír ao exterior polos seus propios medios.

Entón, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron, ademais dos Bombeiros de San Cibrao das Viñas, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Pereiro de Aguiar e a Garda Civil de Tráfico, citando ao 112 Galicia, quen ademais indicaba que os “bombeiros liberaron ao condutor, que estaba ferido e que foi atendido polo persoal sanitario. Finalmente, tamén se ocuparon de realizar a limpeza da vía a fin de restablecer as condicións óptimas de circulación”.

Artigos relacionados

Back to top button