ConcellosO BarcoÚltima hora

Colisión entre dous coches na avenida do Bierzo, no Barco de Valdeorras

 

Poucos antes das sete da tarde deste mércores 28 de maio producíase un accidente de tráfico no Barco de Valdeorras no que se vían implicados dous vehículos.

O suceso tiña lugar no final da avenida do Bierzo, na saída de Rubiá, onde chocaban dous coches, tal como informan dende o 112 Galicia, puntualizando que “non había persoas atrapadas e o condutor dun dos vehículos xa estaba fora. Tamén había unha persoa algo aturdida que podía precisar asistencia sanitaria”.

Ata o lugar dos feitos acudían Urxencias Sanitarias, bombeiros do parque comarcal, GES Valdeorras, Garda Civil de Tráfico e Policía Local do Barco.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button