Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A XV Subida a Rocas-O Eirado e a XV Andaina Popular reunirán a uns 300 participantes

 

Unhas 300 persoas daranse cita o vindeiro domingo, 11 de xuño, en Esgos para participar na XV Subida a Rocas-O Eirado e na XV Andaina Popular, organizadas polo Concello de Esgos coa colaboración da Deputación de Ourense.

O vicepresidente primeiro provincial en funcións, Rosendo Fernández, acompañou esta mañá ao alcalde en funcións de Esgos, Mario Rodríguez, na presentación desta proba, na sala de prensa do Pazo Provincial.

A XV Subida Rocas-O Eirado sairá de Esgos ás 11,00 horas, e pasará polo Mosteiro de San Pedro de Rocas, Arcos e Virxe do Monte, ata volver a Esgos, cunha altura máxima da proba de 1.163 metros. Esta cita, cun percorrido de 13 quilómetros, contará cunha participación de 200 deportistas e será o Campionato de Galicia de Montaña.

Pola súa banda, a andaina popular -non competitiva- é unha actividade complementaria á carreira, cunha participación estimada de cen persoas. Esta proba ten un percorrido de 20 quilómetros e discorre por roteiros de sendeirismo e camiños rurais. Saerá do centro de Esgos cara ao Mosteiro de San Pedro de Rocas polo Camiño Real, de alí a Arcos, Melón de Arriba, Melón Baixo, Pensos, Pardeconde e Meiroás para volver ao centro de Esgos.

Haberá trofeos para os mellores clasificados e sorteos de regalos para todos os participantes.

Artigos relacionados

Back to top button