DeportesFútbol salaÚltima hora

O Vianariño FS celebrará este sábado o ‘día do club’ coa presentación de todas as categorías

Será ás 17:30 horas no pavillón municipal de Viana, en colaboración coas Escolas Deportivas Municipais

Este sábado 8 de febreiro será un día especial para o Vianariño FS. no que presentarán, de xeito oficial e nun acto público, a todas as categorías que compoñen o club.

“É para nos un orgullo xuntar ós equipos, ao corpo técnico, directiva, familias, amig@s e tod@s aqueles que dende patrocinios, apoio na grada e calquera outro xeito facedes posible esta realidade”, aseguran dende a directiva, adiantando que o acto terá lugara ás 17:30 horas no pavillón municipal de Viana do Bolo.

 

 

A día de hoxe, o Vianariño FS conta con 6 equipos de diversas categorías: sénior masculino e feminino; xuvenil; infantil mixto; alevín mixto; e benxamín mixto, “representando unha vila, un deporte, unha ilusión e deixando unha pegada nosa a nivel provincial e autonómico”, din dende o club que quere compartir con toda a afección este evento de presentación “onde gozaremos dun ambiente de club, de diversas xeracións e de deporte de base”.

O do sábado será o acto estrela dunha intensa fin de semana na que todos os equipos xogarán en casa como locais, a excepción do benxamín que o fará como visitante contra Xuventude Ourense FS.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button