CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Homenaxe a Eduardo Blanco Amor, no cemiterio de San Francisco de Ourense

A tumba do escritor Eduardo Blanco Amor, no cemiterio de San Francisco de Ourense, recibiu hoxe, 1 de decembro, a visita dos escolares de segundo de Bacharelato do IES ourensán ao que lle dá nome o autor. Esta homenaxe faise anualmente neste día xa que foi, hai catorce anos, cando morreu o escritor.

O austero acto estivo conducido polo presidente do PEN Club Galicia, Luís González Tosar, e canda el estiveron presentes o presidente da Deputación, Manuel Baltar; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entre outros.

Durante a homenaxe, os rapaces do IES Blanco Amor recitaron unha poesía “que eles mesmos fixeron”, dixo González Tosar, inspirada nos poemas do autor. Logo, diso, cada unha das institucións alí representadas (Concello, Deputación, Xunta e PEN Club) fixeron a súa ofrenda floral á tumba de Blanco Amor. A homenaxe rematou coa interpretación do himno de Galicia por parte de dous membros da Real Banda de Gaitas da Deputación.

 Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button