
O Padre Carlos Eduardo Salazar Femayor, párroco de Encomenda, Cernado, Cesuris, Manzaneda, Mendoia, Mormentelos, Paradela de Manzaneda, Raigada, San Martin de Manzaneda, Sobrado e Vilarmeao, vén de facer públicos os horarios das misas de Santos e Fieis Difuntos nestas parroquias, pertencentes a diferentes municipios do parte oriental da provincia de Ourense.
As misas serán nas igrexas parroquiais de cada unha das aldeas e despois irase aos cemiterios.
