ConcellosEntroido 2023ManzanedaÚltima horaVídeos

Humor feito teatro e verso, na Fuliada da Mourela p’acá en Placín (Manzaneda)

 

Despois que o Fulión da Mourela p’acá percorrese a aldea de Placín (Manzaneda) neste mediodía, o toque de bombos e aixadas e as danzas xiratorias das Mázcaras daban paso a unha das manifestacións máis senlleiras do Entroido de Manzaneda: a fuliada. Esta representación satírica encetábase coa voz dun cativo que, tras presentarse, daba paso ás condutoras do acto ou presentadoras: Begoña, Ana e unha “cotizada artista”.

Creo que xa sabedes/ o primeiro que suelo facer/ saudar aos que dende o ceo/ sen duda nos están a ver. (…) Imos cambiar de terzo/ viñémonos a divertir/ o primeiro aplauso é para todos nós/ por hoxe aquí nos reunir./ Como nos bulen os pés/ ao escoitar ao noso fulión/ coas chocas, a corna, e os bombos/ latéxanos o corazón“. Comezaban dicindo Ana e Begoña. Non faltaban tampouco as louvanzas ás Mázcaras, ao fulión e á xente da Mourela p’acá.

 

 

A partir de aí viñan unha serie de pezas satíricas, a primeira delas, unha disputa dunha parella e varias parodias, unha delas adicada a un particular sorteo. Non faltaba o repaso de temas locais, con referencias a cuestións locais, pero tamén a temas de carácter nacional e mesmo internacional.

 

 

E todo iso lembrando que se está no tempo do Entroido. “Tamén esperamos/ que non se ofenda ninguén/ e co que contamos/ o imos pasar moi ben”. Entre os versos non faltaban algúns dedicados ao Periódico O SIL. “Todo o que aquí pasa/ sae no Periódico O SIL,/ candos deamos conta/ chegarán as noticias a Brasil”.

 

 

Despois dos versos, viña un xantar popular, na mesma carpa da representación e despois do xantar corría a fariña.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-fuliada-da-mourela-paca-manzaneda-en-imaxes/
https://osil.info/o-intenso-ritmo-do-fulion-da-mourela-paca-e-a-danza-das-mazcaras-abren-a-fuliada-en-placin-manzaneda/

 

 

Artigos relacionados

Back to top button