ConcellosEn portadaEntroido 2023Galerías de fotosManzanedaÚltima horaVídeos

O intenso ritmo do Fulión da Mourela p’acá e a danza das Mázcaras abren a fuliada en Placín (Manzaneda)

 

O trepidante toque de cornas, bombos e aixadas resoaba no mediodía deste 11 de febreiro en cada recuncho de Placín (Manzaneda). Antes tiña lugar o ritual do permiso, algo que se vive sempre con moita expectación. Sempre se solicita en verso e os encargados de facelo acostuman ser as Mázcaras, ás que os representantes da aldea daban a conformidade, tamén en verso. A partir de aí o Fulión da Mourela p’acá, formado por veciños de diferentes aldeas desta zona de Manzaneda, daba unha longa ronda por Placín.

 

 

Son e danzas ancestrais, con algunha parada como a que tiña lugar ao pé da igrexa, para repoñer forzas, comer algo e compartir un grolo de viño ou cerveza coa veciñanza. Velando pola seguridade durante o percorrido estaban os voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Manzaneda.

 

 

A ronda finalizaba dentro dunha carpa instalada nunha finca e na que, o latexo do folión daba paso ao teatro en verso da fuliada.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Vídeos: O SIL.

Máis información e fotos:

https://osil.info/a-fuliada-da-mourela-paca-manzaneda-en-imaxes/

https://osil.info/humor-feito-teatro-e-verso-na-fuliada-da-mourela-paca-en-placin-manzaneda/

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button