En portadaÚltima hora

A Estación de Montaña Manzaneda confirma a apertura esta fin de semana con más de 14km esquiables

A Estación de Montaña Manzaneda abrirá as súas portas este venres con 14,5 quilómetros esquiables, 19 pistas dispoñibles e 4 remontes o venres e 5 o resto da fin de semana en funcionamento, adiantan dende a estación explicando que “a calidade da neve será po-dura, con espesores que oscilan entre os 20 e 90 centímetros, garantindo unhas condicións óptimas para os esquiadores”.

 

 

Aseguran que a “previsión meteorolóxica apunta a unha fin de semana con nubes e claros, sen vento significativo polo que recoméndase aos visitantes consultar a DXT antes de desprazarse para coñecer o estado dos accesos á estación”.

As condicións meteorolóxicas dos últimos días foron favorables, permitindo que as nevadas e o traballo dos canóns aseguren unha cobertura suficiente nas pistas. Aínda que o vento alcanzou velocidades superiores aos 100 quilómetros por hora, espérase que remita a partir do venres, facilitando o desenvolvemento da xornada de esquí.

 

 

En canto ás tarifas, o prezo do alugueiro de forfait dun día será de 22 euros en tempada baixa (entre semana) e 27 en tempada alta (fin de semanas e festivos), con tarifas reducidas para nenos, maiores de 65 anos e posuidores do Carné Xove. Ademais, mantéñense opcións como o forfait debutante e a tarifa especial do martes, Día do Esquiador.

Así mesmo, estarán xa operativos os autobuses lanzadeira de funcionamento continuo que van desde a zona de estacionamento ata a zona da cafetería e despachos de billetes. Precisamente, os servizos de restauración tamén funcionarán con normalidade. A cafetería A Tasquiña, o Restaurante Autoservizo Manzaneda, a Cafetería Manzaneda e o Restaurante Vos Arandos abrirán tamén as súas portas.

 

Parte de neve provisional para o venres.

 

“Todo preparado xa en Manzaneda para recibir aos afeccionados ao esquí desde leste mesmo venres. Quen se achegue ata esta estación, poderán gozar dunha tempada que arrinca con condicións óptimas para a práctica deste deporte”, aseguran dende a estación.

Artigos relacionados

Back to top button