
O vindeiro 7 de agosto celebrarase en Quiroga a primeira edición de “Noite de Estrelas-Andaina Nocturna Solidaria coa Asociación Española Contra o Cancro” (AECC). A saída darase dende a Praza España ás 22:00h. e terá un percorrido duns 6 quilómetros de nivel fácil.
Así, no marco das Festas de Verán de Quiroga 2025, organizarase un novo evento deportivo, cunha Andaina Nocturna, seguindo a estela da Night Trail e Night Run, pero esta vez soamente andaina, e, “aproveitando que é noite de Perseidas para dende a zona da Conchada poder ver este espectáculo veraniego”.
A inscrición terá un prezo de 5 euros para adultos e de 3 euros para menores de 16 anos e faranse na recepción do Concello de Quiroga polas mañás de 9:00 a 14:00 ata o 6 de agosto. Tamén se poderán apuntar de 21h. a 22:15h. o mesmo día da proba na Praza España. Toda a recaudación será doada a AECC. Os 100 primeiros inscritos recibirán unha camiseta técnica gratuita.