EconomíaEconomíaOurenseSen categorizar

I Encontro de Xóvenes Empresarios de Ourense

A iniciativa, que reunía a uns 80 participantes en Ribadavia, foi promovida polo Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense
Un dos momentos do I Encontro de Xóvenes Empresarios de Ourense.
Un dos momentos do I Encontro de Xóvenes Empresarios de Ourense.

“Cada aposta que se faga polo comercio local é unha aposta polo teu propio futuro, dar preferencia ás empresas locais en calquera licitación pública é garantía de progreso, cada vez que admiras e aprecias a quen ten a valentía de apostar polo rural, cada vez que xiras a botella para volver a confirmar que temos algúns dos mellores viños do mundo, cada vez que o fas, ti estás sendo partícipe do teu propio futuro”. Deste xeito se manifestaba o presidente do Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense, Lois Babarro, no decurso do I Encontro de Xóvenes Empresarios de Ourense, que se desenvolvía en Ribadavia o 13 de xuño.

A cita congregaba a uns 80 participantes, entre eles banqueiros, adegueiros, pequenos emprendedores e, “sobre todo moitos xóvenes empresarios que acudían coa intención de dar a coñecer os proxectos que hai en marcha na provincia, interactuar coas distintas institucións, e xerar sinerxias nun entorno distendido”, segundo se indica dende a organización.

Ademais contouse coa presenza de representantes institucionais como o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, José Ángel Vázquez Barquero, o presidente da CEO, Jose Manuel Pérez Canal, ou a presidenta AJE Galicia, Carmen José López. Ante eles Lois Babarro incidía en que “xada vez que cres nos proxectos e nos soños dos xóvenes empresarios non estás apostando polo seu futuro, estás apostando polo teu”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button