EconomíaEconomíaOurenseSen categorizar

I Foro “Polígono Virtual de Galicia”, en Ourense

Celébrase o 24 de xuño e reúne a expertos sobre emprendemento e aplicación das redes sociais nas empresas
Imaxe promocional do encontro.
Imaxe promocional do encontro.

A capital da provincia acolle o 24 de xuño o primeiro foro “Polígono Virtual de Galicia”, que congregará a expertos sobre o
emprendemento e a aplicación das redes sociais nas empresas. Este foro terá como escenario o Centro de Desenvolvemento Fundación Novacaixagalicia de Ourense, na Avenida de Pontevedra. Será de entrada gratuíta para todas as persoas interesadas, e aforo limitado a 180 persoas. Haberá dúas sesións, de mañá, a partir das 10 h, e de tarde, a partir das 17 h.

No acto de presentación deste encontro a concelleira de Comercio de Ourense, Juana Ageitos, manifestou o apoio do Concello
ao Polígono Virtual de Galicia (PVG) desde a súa creación en 2013, e salientaba o seu forte carácter impulsor, baseado na súa filosofía corporativista e multidisciplinar. A edil tamén detallou o programa, no que intervirán diferentes expertos en materia económica e xurídica, e se tratarán temas como comunicación, sindicalismo, mediación, ou a importancia da presencia das empresas en internet.

O obxectivo desta xornada é, segundo o seu organizador, Xosé González, crear unha mesa de emprendemento, baseada non só na empresa, senón na experiencia do por qué do emprendemento. “Cremos que un proxecto que sume debe integrar diferentes nacionalidades e ideoloxías, e as faga confluír en puntos neutrais. O emprendemento é global e así o entendemos”. O programa incluirá ponencias destacadas como a de Fidel Martín, experto en redes sociais aplicadas a empresa, Ana Barrios, Antonio Nespereira, Ana Méndez, Julio López, ou Eloy Zúñiga.

Asemade Xosé González definiu o espíritu do PVG: “somos unha aceleradora de empresas que emprega as novas tecnoloxías para romper as barreiras estruturais e de comunicación e difusión dunha asociación tradicional”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button