Vilafranca do Bierzo acolle os días 7 e 8 de marzo o “I Seminario Internacional de Seguridade no Camiño de Santiago”, coa participación de expertos en seguridade e representantes de diversas institucións.

No decurso deste foro abordaranse temas cruciais para garantir a seguridade dos peregrinos no Camiño de Santiago. O encontro é unha oportunidade para compartir coñecementos, experiencias e fortalecer a colaboración entre as entidades involucradas.

No acto inaugural, que tiña lugar esta mañá ás 11h. contaba coa presenza de diferentes políticos, entre eles o alcalde de Villafranca, Anderson T. Batista, e o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, e altos cargos da Garda Civil e da Policía Nacional, entre outros asistentes.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

