
Son moitas e moi diversas as familias e especies de bolboretas existentes en Galicia. Dende a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) ponse á disposición da sociedade a través da súa páxina web https://sghn.org/arquivo_xeral/bolboretas/ unha serie de fichas para poder identificar e diferenciar os numerosos tipos de bolboretas da comunidade.
Polo momento, poden verse e descargarse un total de dez fichas identificativas, pero estes recursos iranse completando nun futuro, segundo indica a SGHN.