Andainas-Trails-OrientaciónDeportesEn portadaÚltima horaVídeos

Preto de 180 orientadores de toda Galicia retan á chuvia sobre o mapa O Serro-A Mourela, no Bolo

Neste sábado 22 de marzo celébrase a 3ª proba da liga galega de orientación O-Pé 2025

 

Retando á chuvia e ao frío, un total de 172 deportistas de clubs de toda Galicia, participan neste sábado 22 de marzo, na 3ª proba da Liga Galega de Orientación a Pé 2025 con percorridos oficiais e de iniciación. A secretaría, instalada no pavillón polideportivo do Bolo (na zona escolar), abría ás 9:30h. e unha hora despois, da saída situada en pleno monte, a un quilómetro de distancia, comezaban os corredores a proba sobre o mapa O Serro-A Mourela.

 

 

Malia non ser unha “carreira difícil”, segundo indicaba Pablo Aller dende a organización, o Club Our-O, si hai zonas inundables que teñen que atravesar os orientadores, ademais de soportar os desniveis e a constante chuvia. A meta está situada en pleno casco urbano do Bolo, preto dunha das entradas.

Velando pola seguridade dos participantes, estratexicamebte colocados nos cruces, coma sempre, voluntarios de varias agrupacións de Protección Civil (O Bolo, A Rúa, O Barco e Petín).

 

 

Mañá tocaralle a quenda aos orientadores en bicicleta de montaña que participarán na 1ª proba da Liga Galega de MTB-O 2025, na modalidade de Score. Ás 10 horas habrirase a secretaría e ás 11 horas será a saída en masa dos primeiros corredores por categorías. Ás 14 horas entregaranse os premios ás categorías menores e sorteos; e a continuación os premios da liga galega de MTB-O 2024.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button