EconomíaEconomíaÚltima hora

II Xornadas Abertas Agroforestais, no Castelo de Castro Caldelas

Terán lugar do 6 ao 9 de xuño promovidas polo Obradoiro Dual de Emprego Caldelas VIII

 

O Castelo de Castro Caldelas está a acoller as II Xornadas Agroforestais do Obradoiro Caldelas VIII, cun programa que se desenvolverá do 6 ao 9 de xuño. Está promovido polo módulo de Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas. E propia preparación das mesmas “supón para o alumnado e docent unha aprendizaxe e motivación extra, que nos permite afondar máis nos propios contidos do temario así como nutrinos doutras experiencias e saberes novos”, din dende a organización

Trátase de xornadas abertas coa participación de alumnado doutros obradoiros da provincia de Ourense e de fóra, así como particulares e diversas organizacións. Así, ao longo dos 4 días despregarase un amplo programa teórico-práctico con profesionais de dilatada experiencia así como emprendedores.

Abórdanse temáticas que van dende o poder curativo das plantas como unha alternativa aos produtos fitosanitarios, pasando pola extracción de resinas das pináceas como aproveitamento forestal ata a relación do lobo e a gandería extensiva. Tamén se tocan cuestións como as saídas laborais no rural, as macrogranxas e as súas repercusións e os incendios forestais de sexta xeración.

 

 

Outro dos eidos nos que se incide é o da viticultura e enoloxía, a produción de leite de vaca en ecolóxico ou as especies forestais invasoras, sen pasar por alto as posibilidades das Comunidades de Montes Veciñais ou a gandería extensiva. Finalmente para a xornada do día 9 está previsto un taller de exhibición de materiais, maquinaria e ferramentas na loita contra os incendios forestais.

Onte tiña lugar o acto inaugural, da man da alcaldesa en funcións de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, acompañada do rexedor en funcións de Montederramo, Antonio Rodríguez, e da directora do Obradoiro.

Con motivo destas xornadas, o Castelo foi decorado para a ocasión polos alumnos cunha grande implicación.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button