CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“III Cata Sonora” do Museo do Viño de Galicia, en Ribadavia

 

A organización da III Cata Sonora, chega ao Museo do Viño de Galicia, en Ribadavia, vén de avanzar a súa programación.  Trátase dun ciclo de concertos de moi diversos xéneros musicais como o blues, o pop ou o rock, e que contará con artistas tanto nacionais como internacionais que compartirán o seu talento nun recinto incomparable e de gran beleza como o é a terraza exterior do museo.

 

 

Esta edición celebrarase durante os meses de verán, desde xullo ata setembro, e contará coas seguintes actuacións:

Xoves 6 de xullo: Andhrea & The Black Cats.
Xoves 27 de xullo: Paula Martins & Victor Aneiros.
Xoves 10 de agosto: Immaculate Fools, co dúo conformado por Kevin Weatherill & Paco Charlin.
Xoves 24 de agosto: Nastasia Zürcher.
Xoves 14 de setembro: Alendalúa.

O inicio dos concertos será ás 21:00h., con entrada libre ata completar o aforo. Ao finalizar poderá degustarse unha copa de viño.

Artigos relacionados

Back to top button