ConcellosÚltima hora

III Xornadas de Xeoloxía Montañas do Courel, en Ribas de Sil

Desenvolveranse do 22 ao 24 de setembro e reunirán unha decena de ponentes no salón de actos do Concello
Programa das xornadas.

Os restos fósiles no sureste de Lugo, os procesos glaciares na Serra do Courel, o patrimonio, a minería ou as covas. Serán algúns dos aspectos nos que se afondará no decurso das III Xornadas de Xeoloxía Montañas do Courel, que se celebrarán do 22 ao 24 de setembro no salón de actos do Concello de Ribas de Sil.

O programa abrirase ás 18:15h. do 22 de setembro cunha recensión xeolóxica da candidatura a Xeoparque mundial da Unesco “Montañas do Courel”, que exporá o xeólogo Xosé Carlos Barros, coordinador científico da citada candidatura. De seguido darase paso a unha serie de ponencias a cargo de Manuel García, presidente da Asociación Paleontolóxica Galega; de Augusto Pérez Alberti, catedrático de Xeografía Física da USC; e de José Ángel Sánchez, coordinador científico do Xeoparque Las Loras.

A xornada continuará con novas sesións o día 23 nas que se tocarán temas como a minería, o antimonio na Serra do Courel, as calcarias, o túnel de Montefurado ou a extracción e produción de ferro nesta zona lucense. A partir as dúas dúas da tarde haberá unha serie de visitas guiadas e, xa o domingo día 24, farase unha ruta xeolófica pola Devesa do Cervo.

Artigos relacionados

Back to top button