CulturaCulturaÚltima hora

Inaugúrase o mural adicado á Pantalla de Xinzo de Limia

O acto, que tiña lugar no Domingo Oleiro, contaba coa presenza do director de Turismo de Galicia

 

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participaba o domingo 16 de febreiro nas celebracións do Entroido de Xinzo de Limia, declarado de interese turístico internacional, onde inauguraba un mural coa temática da Pantalla, impulsado pola Xunta de Galicia.

Durante a súa visita que coincidiu cos festexos do Domingo Oleiro, Xosé Merelles, puxo en valor estas citas que “rebosan cultura e tradición e que actúan como importantes atractivos desestacionalizadores do fluxo turístico para garantir así a chegada de visitantes fóra de tempada”. Concretamente, salientou que o pasado ano o número de turistas que visitaron a comunidade galega incrementouse case o 1,5% no mes de febreiro.

Referíndose ao Entroido de Xinzo, Xosé Merelles lembrou o carácter ancestral da cita e tamén destacou a implicación de toda a veciñanza que durante estas datas se concentra en vivir e transmitir esta tradición.

Salientou que Turismo de Galicia aposta por dar maior proxección a estas celebracións que cada vez espertan o interese de máis visitantes e lembrou que se pode ver toda a programación dos 11 entroidos galegos que gozan de recoñecemento de interese turístico galego, nacional ou internacional na guía Entroido en Galicia na propia web www.turismo.gal

A guía ofrece unha completa programación destas festas que se estende ao longo dun mes de duración e que rematarán o 9 de marzo.

Nesta visita a Xinzo, Merelles tamén visitaba o Museo Galego do Entroido, situado nesta vila.

Back to top button