
A Consellería do Medio Rural vén de informar dun incendio forestal, activo arestora, no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes.
O lume iniciouse ás 17,34 horas e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 6 técnicos, 5 axentes, 11 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 8 avións e 8 helicópteros.
https://x.com/BrifLaza/status/1827014191003173191
https://x.com/BrifLaza/status/1827014191003173191